miércoles, 24 de mayo de 2017

Como ser "kawaii"



-Como ser “kawaii”

Algunha vez soñastes con ser “kawaii” como esas chicas asiáticas? Pois iso é bastante sinxelo! Pero antes… que é “kawaii”?


“Kawaii” é un adxectivo xaponés, o cal significa “lindo” ou “terno”. Este termo ten cabida dentro da cultura popular xaponesa, no entretemento, na comida, na moda, conduta e hábitos persoais. Os xaponeses utilizan este termo en moitos casos e situacións onde, en outras culturas, poden ser considerados incongruentemente infantís o frívolos.





1-O primeiro que debes facer é ter un “look” adecuado xa que, para ser “kawaii”, debes verte como unha nena. Debes ter roupa de moitas cores! As mellores cores para lograr ser “kawaii” son as cores pasteis, o azul, o rosa e o amarelo, pois estes sempre son considerados lindos. Tenta evitar levar roupa negra.

Podes levar saias, pero non moi cortas, recorda que debes aparentar como unha nena, camisetas, cardiganes moi grandes, bufandas, vaqueiros con botas, sombreiros con deseños de animais… etc. Debes ser creativa! Ten en conta que non todo debe combinar á perfección.

Para ter un toque máis persoal, poderás levar colares e brazaletes. Un bonito bolso pode axudarte a adoptar este aspecto.





2-Se queres aparentar como unha nena, no debes maquillarte de forma moi recargada. Se vas a facelo, que sexa e maneira natural. Os nenos teñen a pel lisa, polo que é recomendable usar un corrector cosmético para cubrir as imperfeccións.

Outra cousa que podes facer é engadir un pouco de rubor rosado para aparentar unha dozura tímida. Usa un pouco de delineado de ollos e rímel para facer que os teus ollos semellen máis grandes e un pouco de batom rosa o de cor natural. Aínda así, é mellor non levar ningún tipo de maquillaxe.





3-Pero, como se debe actuar? Debes ser moi doce e falar con suavidade e lentamente. Tamén terás que actuar de forma alegre e sorrir, pero nunca de forma forzada. Cando esteas mantendo unha conversa con alguén, debes escoitar e facer moitas preguntas.

Tes que gardar sempre os secretos dos demais, felicita ás persoas cando fagan algo ben e anima aos demais cando no logran facer algo. No discutas con ninguén o trates de demostrar que esa persoa está equivocada e que ti tes a razón. Debes ser unha persoa positiva, a ninguén gústalle unha experiencia deprimente.





4-As accións que realizas tamén son moi importantes! Abraza a xente con frecuencia e axuda ás persoas ao abrir as portas ou recoller algo que se lle caeu a alguén. Anda dunha forma algo infantil (pero non demasiado). Para ser máis doce, podes preparar galletas e doces para regalar ás persoas que coñezas.

Cando un amigo teu cumpra anos, di sempre “felicidades” e dálle un abrazo. Se queres, podes levar sempre contigo o teu peluche favorito. Podes abrazalo, conversar con el, xogar con este… etc.

Tamén podes parecer un pouco máis misteriosa. Para iso podes facer moitas cousas como, por exemplo, podes mirar fixamente pola fiestra cando estás en clase o, por exemplo, sentarte nunha cadeira elevada e balancear as túas pernas. Tamén podes debuxar calquera cousa.





5-Outra cousa importante é que o pases ben! Xoga cos nenos e fai as cousas que facías, podes seguir vendo os teus debuxos e animes favoritos. Sé enerxética e, se podes, salta á corda. Tenta vivir a vida ao máximo! Tamén debes facer os teus deberes e estudar para os exames, non é lindo sacar malas notas.

Se é posible, tenta que a túa voz sexa un pouco máis aguda do normal. Tenta non sexa demasiado estridente nin moi alta, xa que senón esta será evidente e falsa, así como molesta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario