jueves, 25 de mayo de 2017

Como ser bloguera

0                Hoxe en día moita xente quere crear un blogg e dedicarse a iso. Este é un traballo moi apasionante pero require dedicación e constancia. Hoxe dámosche unha serie de consellos para chegar a ser unha blogger de moito éxito.
  1. Dedicación. Eres consciente de que un blog require tempo? Aproximadamente duas horas por post. Sen contar o dinamizado por redes sociais.


  1. Obxetivo. Para que queres que sexa o teu blog? Que queres transmitir? Os temas poden ser moi variados solamente tes que dar co axeitado para ti. Moda, cine, literatura, beleza...
  2. Nome como se vai chamar  o teu blog? Un nome curto,  distintivo, orixinal e que teña que ver coa temática do blog fará que o blog sexa atractivo
  3. Dominio. Podemos elixir entre  dominio de balde ou de pago.
  4. Tema. De que vou falar no blog? Isto é importante telo claro dende un comezo. Non vale cada dia falar dun tema distinto. Ou atopamos un forma creativa para mesturalos ou mellor crear dous blogs separados.
  5. Línea editorial. A línea editorial refírese ao tono, enfoque ou estilo cos que vamos redactar os noso posts. E como nos vamos dirixir aos lectores.
  6. Estructura do blog. E moi importante ter  unha idea de como vamos organizar o noso blog. Que categorías vamos a empregar pa clasificar o contenido, que etiquetas vamos empregar…?
  7. Keywords.  Con que palabras clave queremos que os lectores nos atopen en Google? Como queremos que sexan esas palabras máis xenéricas ou as coñecidas como long tail keywords? ( conxunto de palabras compostas  dunha mesma familia  que teñen poucas búsqueda polo que  son sinxelas de colocar nunha  posición nos resultados de búsqueda de  Google ).
  8. O hosting. O hosting é o lugar onde a nosa web vai estar aloxada. O máis importante a hora de escoller un e saber onde están ubicados os servidores. Preferiblemente no país propio.
  9. Por último o deseño. As primeiras impresións son as que contan, por iso un deseño coidado e limpo importa.

Con estes poucos consellos poderás comezar o teu propio  blog e envialo ao éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario