lunes, 22 de mayo de 2017

Como ser un feiticeiro?

(As imaxes dos puntos marcados cun asterisco vermello foron tomadas por nós)

Como ser un feiticeiro?

Algunha vez soñastes con ser un/unha feiticeiro/a? Pero non falamos de os feiticeiros que levan sombreiros e voan en vasoiras, se non de aqueles que realizan maxia folclórica e que teñen un gran coñecemento do mundo natural e do espiritual.



*1- O primeiro que debes facer é coñecer máis sobre as diversas tradicións máxicas. Non existe unha única corrente aceptada na bruxería, na feiticería nin nos conxuros, polo que aos novatos e á xente normal cústalles diferenciar entre o que é real e o que é falso. Para chegar a ser un feiticeiro, débese investigar e tamén estudar. Hai diferentes correntes de pensamento e diferentes tradicións, así como diferentes estilos de bruxería (Wicca, Gardner, rexional e a esotérica… etc)

Tamén debes ler sobre as diferentes historias e tradicións, xa que todos os expertos practican a bruxería de maneira diferente e isto axudarate a descubrir o teu tipo de práctica. Tamén podes ler algúns clásicos, pero iso depende do teu propio entendemento persoal das artes.




*2-O primeiro que debes facer para comezar a realizar conxuros é reunir as ferramentas necesarias para a túa práctica. E non estamos a falar de vasoiras nin sombreiros de punta. As máis básicas son:

-Unha vara (debe de ter unha conexión persoal co feiticeiro)

-Morteiros e mazas (son moi importantes, xa que se usan para mesturar herbas e outros ingredientes para as pocións)

-Unha Enciclopedia de Herbas Máxicas (importante para aprender a como usar as diversas herbas)

-Esencias minerais (para limpar e para asegurarse de que os conxuros sexan totalmente seguros)




3-Carga as túas ferramentas máxicas. As varas e os demais implementos relacionados aos encantamentos deben limparse ben antes de realizar os conxuros de despois de realizalos. Fai uso das tradicións e técnicas da túa práctica para telas cargadas e limpas.


*4-Para comezar cos conxuros, debes trazar o círculo. Para trazalo, úsanse diferentes obxectos e métodos, pero tamén podes empregar velas, pedras ou outros elementos para crear o círculo. Este é unha barreira física que te permitirá canalizar o poder necesario para o teu traballo. Este debe ter velas en cada un dos catro puntos cardinais (Norte, Sur, Este e Oeste), así como ti deberás ter un monte de terra, un vaso de auga, o lume dunha vela e o resto dos obxectos necesarios.




5-Realiza o conxuro dándolle a benvida aos elementos e ás deidades que invocastes e recita a razón do ritual en voz alta. Para iso deberás recitar unhas oracións específicas. Despois disto, deberás recitar o conxuro. O propósito deste é que o círculo sirva como método de comunicación co mundo dos espíritos. Cando conectes con estes deberás permanecer lonxe delas para a túa seguridade.

Cando acabes o ritual, deberás agradecerlle ás deidades e aos elementos. Seguidamente deberás abrir o círculo para así poder finalizar de forma adecuada e sen riscos.


*6-Aínda que xa podas realizar conxuros, non debes deixar de estudar e de practicalos, posto que isto é moi importante. Algo que pode axudarte en isto é o teu propio libro das sombras. Este pode ser un caderno normal, e debe estar decorado con imaxes relacionadas coa feiticería. Este será para rexistrar os teus conxuros e encantamentos a medida que os aprendas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario